RGPD - Cookies
Sucesos

Morre un percebeiro logo de caer ao mar en Oleiros

J.M.R.G., un percebeiro de 54 anos de idade, faleceu esta mañá ao caer ao mar na costa de Mera, en Oleiros. Ainda que inmediatamente foron movilizados medios marítimos, aéreos e terrestres de Emerxencia, e que conseguiron rescatar o varón, e foi trasladado aínda con vida ata a dársena de Oza, no porto coruñés, os esforzos por reanimalo dos equipos sanitarios non lograron facer nada por salvarlle a vida.

O pesqueiro ‘Anageli’, que estaba nas proximidades, localizou o percebeiro pero non o puido axudar ao sufrir un problema mecánico e quedar á deriva, tras o que lle deu remolque a ‘Salvamar Mirfak’ ata a mariña coruñesa, segundo sinalou Salvamento.

Finalmente foi unha zodiac da Garda Civil a que rescatou ao percebeiro, veciño da Coruña, e levouno ao muelle de Oza, onde lle esperaba unha ambulancia para atendelo.

 

También te puede interesar