Galicia

Beiras, quería decirlle a Feijóo «vostede non é ninguén, mamarracho»

O voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) xustificou o seu xesto diante do presidente da Xunta, no Pleno do Parlamento de Galicia do pasado mércores afirmando que “foi un xesto de transgresión”.

Xosé Manuel Beiras indicou que “xestos como o meu é un xesto de transgresión. De, mire, vostede non é ninguén mamarracho. Que o saiba a xente, que non merece respecto porque é un narcopresidente», manifestou durante unha conferencia na facultade de Políticas, na que dixo que «cando se desculpe» o presidente autonómico, ao mellor él tamén «se desculpa».

Previamente, Beiras pediu a Feijóo que se «desculparse pola súa actitude en toda esta peripecia» das fotografías con Marcial Dorado e tamén polo comportamento do Partido Popular na Guerra de Iraq ou o 11-M. Que o faga, dixo, en lugar de «distribuír estupefacientes ideolóxicos e propagandísticos».

Así mesmo, censurou que o presidente, “en vez de dar as explicacións requiridas pola oposición, se erixise en fiscal acusador da oposición e lles chamase infames aos membros dos outros grupos parlamentarios”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.