Vigo al minuto

A Fiscalía pide información ao colexio, Inspección e aos país logo da denuncia de Educación polo absentismo escolar do rapaz de Vigo

A Fiscalía de Menores ven de solicitar información logo da denuncia presentada pola Consellería de Educación sobre o suposto absentismo escolar dun neno de 11 anos, alumno do colexio vigués Santa Cristina, que non vai a clase dende hai un mes, logo de que fose  agredido por un compañeiro.

A Fiscalía, unha vez recibida a denuncia, estase a solicitar información de todas as partes, empezando pola Inspección Educativa, o propio colexio e os país do rapaz. A recompilación da información das partes é o procedemento habitual que realiza a Fiscalía de Menores nas súas actuacións como primeiro paso de cara á toma dunha decisión sobre o caso.

O menor leva máis dun mes sin asistir ao colexio e os seus pais reclaman que os seus dous fillos, o pequeno agredido e o seu irmán pequeño, sexan cambiados de centro que, entenden, non amosou consideración algunha, nen polo alumno nen por eles mesmos.

Educación defende a actuación do colexio e a inspección educativa e, a pasada semana, deu traslado do suposto caso de absentismo escolar á Fiscalía de Menores.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.