RGPD - Cookies
Cultura

O Camiño de Santiago polo Norte, candidato a Patrimonio Mundial da Unesco

O Consello de Patrimonio Histórico Español aprobou a candidatura de España, liderada por Asturias, para declarar Patrimonio Mundial da Unesco de 2015 os Camiños de Santiago del Norte Peninsular-extensión del Camino de Santiago, segundo informou a Dirección Xeral de Patrimonio de Asturias, a través dunha nota de prensa.

A proposta, que será valorada polo Comité de Patrimonio Mundial da Unesco, comezou a xerarse no ano 2006 polo impulso de Asturias, País Vasco, Galicia, Cantabria e La Rioja.

A denominada ruta francesa do Camiño de Santiago foi inscrita no listado de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 1993. Non obstante, a declaración deixou fóra vías jacobeas de singular importancia, como o camiño primitivo, que enlaza Oviedo e Santiago de Compostela polo interior do suroccidente asturiano, ou o camiño costeiro, que adquiriu grande importancia a partir dos séculos XII e XIII e que discorría polo litoral de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia. Tamén quedaron á marxe o camiño interior vasco-riojano e o camiño de Liébana (Cantabria).

Estas rutas posúen todas as características propias das vías de peregrinación a Compostela e así deféndeno expertos investigadores do fenómeno xacobeo. Por esta razón, os Gobernos autonómicos das comunidades por onde discorren os camiños setentrionais de Santiago puxéronse de acordo co propósito de impulsar unha candidatura conxunta para a súa inclusión no listado do Patrimonio Mundial.

 

También te puede interesar