Vigo al minuto

25.000 personas achegáronse ao Salón do Automóbil esta fin de semana

Case 25.000 persoas, segundo a organización, achegáronse esta fin de semana ao Salón do Automóbil de Vigo que se celebra ata o próximo domingo, 5 de maio, no Ifevi. O público visitante, amosouse interesado polo Plan Pive 2 e as cotas de financiamento, segundo os concesionarios presentes nesta edición do salón.

Sobre unha superficie de 25.000 metros cadrados, nos que están representadas 39 marcas, o salón se presta especial atención aos vehículos impulsados por enerxías alternativas, como os automóbiles eléctricos e híbridos.

Así mesmo, existen actividades paralelas como simuladores de condución, pistas de scalextric e un circuíto de karts. A iso hai que engadir exposicións temáticas conmemorativas, o Porsche 911 celebra os seus 50 anos de vida, ao tempo que se cumpren 60 dende a creación de FASA Renault en España.

A mostra continúa ata o domingo 5 de maio, durante sábados e domingos, e o festivo 1 de maio incluído, as portas estarán abertas de 11 a 21 horas. Nos días laborables o horario ao público será de 16 a 21 horas.

 

También te puede interesar