Vigo al minuto

Peche, hoxe no instituto Santo Tome en contra da Lei de Mellora da Calidade Educativa

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza un encerro para este mércores no Instituto San Tomé de Freixeiro co obxectivo de manifestar o seu desacordo co anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e os recortes.

O acto de protesta comezará ás 5 da tarde e manterase ata as 10 da mañá do xoves. Esta iniciativa é un dos peches rotatorios organizados polo colectivo ao longo deste mes de abril e que, tras o seu paso por Vigo, continuarán o xoves en Gondomar,no IES Terra de Turonio, e o venres en Pontevedra, no IES Torrente Ballester.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público explica que estes actos teñen como obxectivo amosar «o rexeitamento da comunidade educativa no seu conxunto ao anteproxecto da Lomce e á política de recortes coa que o PP insiste en castigar ao ensino público galego».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.