RGPD - Cookies
Galicia

Aspirantes a varias categorías do Sergas poden consultar xa a súa admisión

Máis de 9.000 aspirantes ás listas de selección temporal de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas) poden consultar xa a súa admisión no expediente electrónico do profesional (expedient-e).

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste mércores, o anuncio polo que se dá publicidade ás listas provisionais de admitidos e excluídos nas categorías de Farmacéutico de Atención Primaria, Odontólogo de Atención Primaria, Fisioterapeuta, Terapeuta ocupacional, Técnico Suprior de documentación sanitaria, Técnico superior en dietética e nutrición, Técnico en farmacia e Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Segundo explica a Consellería de Sanidade nunha nota de prensa, con esta ferramenta poden consultar as causas de exclusión, a documentación declarada co estado de incompleta (DI), así como os erros materiais en que incurrieren as persoas aspirantes que poderán ser emendados ata o 4 de maio de 2013, inclusive.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos co resultado de baremación aplicada a estes últimos. Todas as persoas que non figuren na relación de admitidos e excluídos e formalizaran a súa solicitude de inscrición con posterioridade ao día 31 de outubro de 2012, se incluirían na relación de admitidos/excluídos no seguinte proceso de xeración de listas.

Sanidade engade que en próximas datas está prevista a publicación das listas definitivas de baremación da categoría de Enfermeiro/Enfermeira.

 

También te puede interesar