Unha andaina reivindica hoxe a protección do Galiñeiro e a anulación do parque eólico nel

Unha marcha cidadá reivindicará este domingo protección para o espazo natural da Serra do Galiñeiro e esixirá  á Xunta que anule a autorización dun parque eólico nesta contorna.

Os responsables do BNG, Manuel Caride e Carme Adán, pediron que o goberno galego anule a autorización dun parque eólico e denegue a posibilidade de realizar catas de prospección mineira. O Bloque presentou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia sobre este asunto e plantexou distintas preguntas se siguen sen resposta como “qué necesidade hai de colocar un parque eólico neste lugar?” cando, ao seu xuízo, “todo o que está a facer o PP vai encamiñado precisamente a destruír este sector”.

 

También te puede interesar