RGPD - Cookies
Comarcas

Un diputado do PP insta á Xunta a licitar canto antes o tramo Cangas-Rande do Corredor do Morrazo

O Grupo Parlamentario do Partido Popular ven de instar á Xunta a licitar o tramo entre Cangas e Rande do desdobramento do corredor de O Morrazo. Na inciativa, o seu ponente, o deputado Alejandro Gómez, subliña que é necesario dividir o investimento en tres fases para «garantir a viabilidade da execución financeira da futura autovía».

Hai que lembrar que na pasada lexislatura esta licitación quedou deserta, o cal fixo necesario elaborar un plan viario das comunicacións por estrada da bisbarra de O Morrazo e o replantexamento do trazado, segundo recoñeceu o conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández.

Agora, o deputado popular asegura que a primeira fase deste desdobramento “é prioritario», investindo 40 millóns de euros no primeiro tramo, o  Enlace de Rande-Enlace de Cangas, “porque é a que conta cunha maior intensidade media diaria de vehículos”.

 

También te puede interesar