RGPD - Cookies
Galicia

En tres de cada catro fogares galegos onde hai nenos en idade escolar empréganse as novas tecnoloxías

En 3 de cada 4 fogares galegos onde reside un rapaz en idade escolar se usan as  novas tecnoloxías, TIC, superando en máis de 20 puntos as porcentaxes que se rexistran en fogares sen nenos. Este dato, recollido no último Informe sobre a Sociedade da Información en Galicia 2012, pon de manifesto que a presenza de mozos nos fogares inflúe de xeito positivo na penetración da tecnoloxía. Por iso, un dos estudos específicos que realizará o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) este ano se centrará en analizar este aspecto en profundidade.

Así se lle trasladou aos integrantes do Pleno do Observatorio, celebrado esta semana en Santiago na sede da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organismo do que depende. O Pleno acolleu a presentación do balance anual de xestión do Observatorio xunto co seu Plan de Traballo para o ano 2013, que establece a realización dun total de 20 informes e estudos sobre os diferentes indicadores da evolución da sociedade da información en Galicia.

Ademais, nesa reunión, o OSIMGA incorporou, por primeira vez, como membros do Pleno á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e ás organizacións sindicais, executando así os acordos asinados na Mesa Xeral de Diálogo Social en Galicia.

Outra importante novidade que se presentou no Pleno é a liña de colaboración que o OSIMGA estableceu co Instituto Galego de Estatística (IGE) para optimizar a recollida dos datos relativos á Sociedade da Información nos fogares e nas empresas de Galicia, e que frutificou coa sinatura, en outubro de 2012, dun convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades.

Aforro de 50.000 € anuais

Esta colaboración permitirá a inclusión anualmente dun conxunto de indicadores relativos á Sociedade da Información nos fogares galegos na “Enquisa de condicións de vida das familias” que realiza o IGE, o que evitará duplicidades, suporá un aumento de mostra de máis de 7.000 enquisas a fogares respecto ao numero de enquisas que facía o OSIMGA e un aforro económico de máis de 50.000 euro anuais.

O convenio tamén contempla a obtención, a través do IGE, de datos das empresas multilocalizadas, é dicir, empresas con sede fóra de Galicia pero que desenvolven parte da súa actividade na nosa Comunidade

 

También te puede interesar