Sucesos

Un home de 30 anos morre ao salirse o seu coche da estrada en Pontevedra

Un home faleceu ao sairse da vía e caer por un desnivel o coche que conducía no concello de Pontevedra. Segundo informa o 112 e dos Bombeiros da cidade, que acudiron ao lugar para poder recuperar o corpo, atrapado no interior do vehículo, a alerta recibiuse preto das 12 da noite deste venres.

O automóbil, un BMW 330, saírase da vía e arrancara o quitamiedos antes de caer polo desnivel, na estrada de A Barcia, a uns 500 metros da rotonda de Marcón.

Ao lugar desprazáronse un equipo do 061, a Garda Civil e os Bombeiros de Pontevedra. Estes últimos explicaron que cando chegaron ao lugar estaban os sanitarios atendendo ao condutor, duns 30 anos de idade, e único ocupante do coche, pero estaba xa falecido e presentaba un golpe na cabeza. Foi necesario rescatar o corpo do interior do automóbil, que quedou envorcardo.

 

También te puede interesar