Vigo al día

Os traballadores de Pescanova se manifestarán pola viabilidade da empresa…algún día

Os traballadores de Pescanova convocarán unha manifestación en defensa da viabilidade da empresa e dos seus postos de traballo…eso sí, non fixaron data para a mesma. Esa ñé a principal conclusión da asamblea que mantiveron parte dos empregados da multinacional, este sábado no Centro Social de Teis.

Ao mesmo tempo, os traballadores, que siguen agardando pola reunión que pediron coa dirección da empresa, agardan que, canto antes, se nomeen os administradores concursales para que enderecen a xestión da mesma.

A plantilla, que hai apenas un mes expresaba nunha comparecencia, sen preguntas, todo o seu apoio ao presidente da firma, Manuel Fernandez Sousa, teñen asumido que a recuperación de Pescanova, e o mantemento dos milleiros de empregos que ten en Galicia, ao redor de 6.000, pasará pola venda de parte da mesma e que no proceso haberá un considerable recorte de postos de traballo.

Ademáis desto, o responsable do comité de empresa, que hai unhas semanas apoiaba completamente á dirección, logo de matizar que o devandito apoio referíase á sua confianza na pervivencia da multinacional, admitiu que o “completo apoio” ao presidente xa non é tan ‘completo’.

Tampoco semella que o sexa a súa afirmación do 19 de marzo no que denunciaba a existencia de “campañas interesadas” para poner en risco a firma…”non lembro que se dixese iso”, asegurou a preguntas dos xornalistas.

 

 

También te puede interesar