Galicia

A Deputación de Pontevedra contratará 720 [email protected] sen prestación para realizar obras e servizos nos concellos

Unha vez rematado o prazo para que os concellos presentasen a solicitude de traballadores no marco do Plan de Emprego 2013, todos aqueles aos que vai dirixido este plan -os 60 de menos de 50.000 habitantes – solicitaron á Deputación o número máximo de traballadores, establecido en 12 por concello.

Polo tanto, serán 720 as persoas as que se contraten ao abeiro deste plan, o que suporá un investimento de 3.310.760 € e que se vén a sumar ao Plan de Práctica Laboral no que a Deputación inviste outros 3 millóns de euros. Desta forma, a Administración Provincial destinará neste exercicio máis de 6 millóns de euros á xeración directa de emprego, unha das necesidades prioritarias na provincia e ás que se lle quere dar resposta.

Así mesmo, este plan permite que os concellos poidan realizar obras e servizos que de outra forma non poderían, pola escaseza de recursos. Nesta ocasión, serán os propios concellos os que realicen as contratacións, pero o custe total dos traballadores será pagado integramente pola Administración Provincial.

As persoas que poderán acceder a estes empregos serán desempregados que non reciben ningún tipo de prestación, co obxectivo de atender ao colectivo que nestes momentos se atopa nunha situación máis precaria.

 

También te puede interesar