Galicia

Os xuices de Vigo considerarán como abusivas as cláusulas hipotecarias con intereses que tripliquen os legais

A xunta sectorial de xuíces de primeira instancia de Vigo, reunida este xoves acordou, por unanimidade, dar trámite de audiencia a aqueles afectados por execucións hipotecarias para que poidan alegar, se o consideran, a existencia de posibles cláusulas abusivas.

Segundo o acordo, esta medida, que aplicaríase só en procedementos hipotecarios en curso, nos que aínda non se ditara auto de adxudicación, permitirá paralizar as poxas de pisos e desafiuzamentos, polo menos por un tempo, xa que o xuíz dará ás partes un prazo de dez días para que presenten as súas alegacións. Transcorrido ese tempo, e tras presentarse a documentación pertinente, se o xuíz considera que os afectados asinaron un contrato con cláusulas abusivas, arquivará a execución do procedemento. Non obstante, a partir de aí, pódese abrir un procedemento por vía ordinaria, aínda que as cantidades a reclamar serían distintas.

En calquera caso, o xuíz decano, sinalou que a xunta de xuíces non tomou unha decisión sobre que se considerará cláusula abusiva e apuntou que unha referencia pode ser un interese que supere o triplo do interese legal do diñeiro.

Por outra banda, a xunta de xuíces tamén acordou establecer unha «norma de repartición especial», con quenda propia entre todos os xulgados, para casos de demandas de afectados por preferentes e subordinadas. Deste xeito, cando entren estas demandas no partido xudicial de Vigo, a oficina de repartición distribuiraas de xeito equitativo entre os xulgados de primeira instancia, para evitar o colapso dalgunha sala en concreto.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.