RGPD - Cookies
Vigo al día

Caballero, preparando unha manifestación a favor de Peinador?

Proseguindo coa rolda de contactos que o rexedor vai manter para analizar a situación do aeroporto, Caballero mantivo hoxe xoves un encontro co comité de empresa de Peinador. Durante a súa comparecencia posterior, o rexedor apuntou que durante o encontro constatou «preocupación e indignación, como no resto da cidade» polo abandono activo de Peinador por parte da Xunta.

Logo de reiterar a súa vontade de «seguir na defensa dunha infrastrutura fundamental para a industria e economía», criticou unha vez máis a competencia desleal que sufre por parte dos aeoroportos de Santiago e Oporto, con vóos subvencionados pola Xunta e goberno portugués, respectivamente.

Avanzou a posiblidade de que a Xunta esté a valorar la renovación das axudas a Ryanair en Lavacolla, logo de que o ano pasado aseguraran que estas axudas distorsionaban a competencia. Acusou ao presidente Feijóo de usar os recursos de Vigo contra Peinador porque «sen subvencións Lavacolla non podería competir coa terminal viguesa». Caballero rematou reiterando a súa intención de «coller o pulso da cidade para levantar a voz en defensa do aeroporto».

 

También te puede interesar