Cultura

Tonhito de Poi, este venres, en Silleda, dende a Amazonía, para axudar ao Pobo Sahariano

O seu nome sempre está vencellado a causas benéficas, a proxectos fantásticos, aventuras, historias de xente esquencida, a frases coma a da súa aboa, “coa mentira podes chegar a algún sitio, pero nunca volves del”, ou a viaxes a lugares lonxanos.

A eso é a que se dedica Tonhito de Poi, fundador da banda Heredeiros da Crus, quen este venres, día 19, actúa en Silleda dentro do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Sahariano, organizado para recadar fondos para o programa “Vacacións en Paz”.

Tonhito de Poi presentará, nun concierto acústico, o seu traballo  ‘Soro da Verdade’ e o  libro ‘Viaxe cósmica á Amazonía’, ás 11 e media da noite no Pub Moe´s, cunha entrada que ten un prezo de 3 €. Todo un detalle por ver e, maís que nada, escoitar a un dos homes máis entretidos desta parte do hemisferio.

 

También te puede interesar