Galicia

Educación seguirá adiante coa sua intención de que paguen os comedores as familias que ingresen 1.001 € ao mes

A Consellería de Educación seguirá coa tramitación do ‘decreto de comedores’ a pesar de que o Consello Escolar de Galicia rexeitou na súa reunión deste mércores o texto e acordou a súa devolución á Xunta para a súa modificación.

Nun comunicado, o departamento dirixido por Jesús Vázquez manifestou que varios membros deste órgano «rexeitaron o texto na súa totalidade», contrariamente ao carácter propio dun órgano consultivo. Así mesmo amosa a súa «sorpresa polo cambio de opinión dalgún sindicato», e acusou a FETE-UGT de manifestar, nunha reunión en xuño de 2006 sobre o vixente decreto, que as familias con poder adquisitivo pagarán cota, “mentres que na actual situación formulan a oposición a un decreto que se basea na capacidade económica dos usuarios», sinala.

O texto será sometido a información pública e “incorporará as achegas realistas e posibilistas», e aínda faltan por coñecerse os informes sectoriais da Dirección xeral de Orzamentos, da Secretaría xeral de Igualdade, e ser sometido ao Consello Consultivo.

Outras novas relacionadas: As familias cunha renda familiar de 1.001 € ao mes terán que pagar o comedor nos colexios públicos. AGE esixe a demisión do concelleiro de Educación polo ‘repagamento’ dos comedores escolares e a sentenza da segregación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.