Vigo al día

Damm sinala que o presidente de Pescanova vendeu unha filial en Ecuador sen informar ao consello de administración

A noticia, foi facilitada por dunha fonte da empresa cervexeira Damm, segundo sinalan varios medios de comunicación. Damm, que ten unha participación en Pescanova de máis do 6% asegura que vendéronse filiais da multinacional a costas do consello de administración e sen que se dese conta dos destino do ingresado por elas.

En concreto, segundo esas mismas fontes, o presidente de Pescanova vendeu a filial ecuatoriana de marisco, Promarisco, sen consultar co máximo órgano de dirección, tendo en conta que só conta co 7,45% da empresa, logo da venda da metade das súas accións. Damm descoñecía esta operación que, dacordo coa cervexeira, debería de ser aprobada polo consello de administración.

Ademáis desta operación, Pescanova continúa coas negociacións con dous operadores internacionais para vender Acuinova en Chile, unha sociedade dedicada ao cultivo do salmón, malia que o banco suízo HSBC solicitou a declaración de quebra da matriz Pesca Chile.

Damm segue denunciando que non se concrete a débeda de Pescanova e ve detrás delo un intento de Manuel Fernández de alongar os procesos legais no seu interese. Por iso, a empresa non desbota adoptar medidas legais unha vez coñezan a situación financeira real de Pescanova, a cal descoñecen na actualidade posto que non lles remitiron as contas.

 

También te puede interesar