Vigo al día

Convocan un ‘escrache’ o vindeiro venres diante do Banco Popular-Pastor en Vigo

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (APH) de Vigo-Tui Baixomiño, convoca para o vindeiro venres, día 19, un ‘escrache’ diante da oficina principal do Banco Popular-Pastor, en Policarpo Sanz (11 da mañá), “pola actitude desta entidade ante as negociacións que varios afectados pertencentes á PAH Vigo Tui suscitan a esta entidade, cambiando a cada momento o interlocutor e negándose a recibirnos”.

A Plataforma lembra que a Banca recibiu  todo tipo de axudas, “miles e miles de millóns ,mentres se empobrece a unha gran parte da poboación” e subliña que “a Banca é a responsable directa desta crise, non os cidadáns hipotecados”.

En opinión da PAH, os bancos presionaron, induciron e presionaron aos cidadáns para que accedesen á vivenda “só a través de un crédito”, o que fixo que se convertisen “victimas dunha estafa e prisoneros dun entramado lexislativo que permite a existencia, por exemplo, de dous valores dunha casa o que che din que vale cando o compras e polo que o poñen a poxa”.

Ademáis, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca advirte que “somos victimas dun contrato hipotecario cheo de cláusulas avusivas e ilegal como declarou o Tribunal de Xustiza Europeo”.

 

También te puede interesar