Galicia

O BNG defende este martes no Congreso unha proposición para eliminar as deputacións

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, defenderá no pleno deste martes unha proposición de lei na que o Bloque pide a modificación da normativa sobre Bases de Réxime Local para acometer a eliminación das deputacións provinciais.

A deputada nacionalista salientará que trátanse de “organismos ineficaces e que duplican a administración», e pedirá que se modifique a lei para que sexan as comunidades autónomas as que asuman as competencias das deputacións.

«A Nosa iniciativa é un paso intermedio que posibilitará o traslado da maioría de funcións e servizos das corporacións provinciais a outras administracións, locais ou autonómicas,», explica Rosana Pérez.

Todo iso, co fin de «posibilitar maiores niveis de eficacia» na acción administrativa e un uso racional de recursos «sobre todo nestes tempos de crise cunha mingua moi importante do financiamento nos concellos e nas comunidades autónomas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.