Galicia

O Valedor do Pobo opina que as fotos de Feijóo e Dorado non tiñan «interese xornalístico»

O valedor do Pobo en funcións  cree que «non había interese xornalístico» para publicar as fotos nas que o presidente da Xunta  sae na década dos noventa en compañía do narcotraficante Marcial Dorado, ainda que, na súa opinión, “non se debe facer unha maior regulación» dos medios.

Así se manifestou este sábado Julio José Fernández ao ser preguntado polos xornalistas sobre a publicación das fotos do máximo mandatario galego e a súa difusión polas redes sociais. «Entendo como esixencia do dereito fundamental á propia imaxe que, cando se fai uso dunha foto necesítase o consentimento das persoas que salguen, salvo que o personaxe sexa público e a natureza da foto, por razóns de interese xeral ou xornalístico, aconselle a súa difusión», respostou.

Ao ser preguntado sobre se é necesaria unha maior regulación nestes casos, Fernández negouno e sostuvo que «a regulación xa existe na Constitución, que detalla cáles son os límites dos dereitos fundamentais e cáles son os límites da intimidade e da honra». Eso sí, engadiu, “é evidente que se hai un desfase actuarán os xuíces a través dos procedementos penais, pero non se deben establecer censuras adicionais que non existen hoxe», concluiu.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.