RGPD - Cookies

NGB devolveu cartos a afectados polas Preferentes por medio de préstamos que non coñecían

O portavoz da Plataforma de Afectados polas Preferentes de Compostela afirmou este sábado que “temos constancia” de casos nos que “os afectados pensaban que tiñan a súa situación arranxada pero resulta que o banco lle endosou polo medio un empréstito persoal que teñen garantido coas súas propiedades e patrimonio».

Xesús Domínguez indicou que que «secuestráronlle o diñeiro unha vez e agora resulta que deben un empréstito que terán que devolver con intereses» e engadiu que “non sabemos a cantas miles de persoas pode afectar isto, pero temémonos que sexan moitas”. Domínguez fixo estas declaración este sábado logo da xuntanza entre todas as plataformas galegas, en Santiago, nas que acordouse pedir  aos deputados do Partido Popular no Congreso electos por Galicia, “que voten en contra das quitas», aprobadas polo Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) e que prevén que os titulares de preferentes de NCG Banco afronten unha perda, media, do 43% dos seus aforros.

Ademáis delo, manifestaranse, todas xuntas diante do Parlamento de Galicia, o mércores que ven, coincidindo coa comparecencia na Cámara do presidente da Xunta.

O voceiro dos afectados de Santiago denunciou, ademáis, que as plataformas tamén detectaron a existencia «de novas comunicacións non escritas a afectados que poderían alcanzar ata o 75%, xa que o banco deu orde de non poñer nada por escrito, ainda que nós x atemos esas comunicacións”.

 

También te puede interesar