Galicia

Se tes entre 9 e 35 anos de idade xa podes solicitar unha da 8.192 prazas para os campamentos de verán da Xunta

Os campamentos xuvenís e as actividades que a Xunta organiza na súa campaña de verán ofrecerán este ano un total de 8.192 prazas para nenos a partir de 9 anos e para mozos ata os 35 anos de idade.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado presentou este martes a campaña de 2013, á que se destinará unha partida de 2,3 millóns de euros e na que o Goberno galego prevé a contratación de máis de 900 monitores e directores de tempo libre.

O prazo de inscrición xa está aberto — arranca este martes, coa publicación da iniciativa no Diario Oficial de Galicia (DOG)— e os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 17 de abril e, posteriormente, se fará un sorteo ante notario para adxudicar as prazas.

En concreto, para os menores de entre 9 e 17 anos de idade, haberá 4.990 prazas en campamentos de verán en Galicia, ás que se suman outras 173 noutras comunidades e outras 271 que se reservan para os menores con minusvalidez, tutelados ou fillos de mulleres vítimas de violencia machista. Haberá varias quendas, de entre 8 e 12 días e a praza inclúe o programa de actividades, o aloxamento, a manutención, o material e a atención sanitaria.

A maiores destas prazas de xestión directa, Xuventude oferta o uso das súas instalacións entre o 15 de xuño e o 30 de setembro a asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, concellos e novos non asociados. Con esta fórmula, indica a Xunta, poñen a disposición 1.815 prazas en 12 instalacións de toda Galicia.

Para os maiores de 18 e menores de 35 anos, se poderán en marcha varias iniciativas cun total de 393 prazas na costa e no interior. Entre estas están o programa ‘H2O+18: Barrancos do Miño’ ou ‘Surfeando no Cantábrico’ e outros que inclúen actividades deportivas e de coñecemento da cultura da auga galega, como o barranquismo, o kaiak, a escalada ou o senderismo.

Así mesmo, a poderá en marcha o proxecto ‘Conecta Galicia’, un programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior. Neste capítulo resérvanse 180 prazas, entre as que se inclúen as deste programa e 20 de campos de traballo. Esta última alternativa, destinada tamén a maiores de 18 anos, ofrece 310 prazas, busca fomentar “a convivencia, a participación e a tolerancia a través dunha colaboración desinteresada e voluntaria”.

En Galicia organizaranse campos de traballo sobre conservación ambiental nas Illas Cíes; sobre etnografía en Lalín; sobre medio en Vilar de Ordelles e Muíños; sobre bioconstrucción en Vilar de Barrio; sobre contidos audiovisuais en Celanova e sobre cultura e etnografía en Ponteceso. Haberá campos arqueolóxicos en Boqueixón e Rois e de emprendemento en Palas de Reis.

Estas alternativas, explicou o director xeral, están a disposición dos novos galegos e doutras comunidades e países, como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea del Sur ou Xapón. Ao mesmo tempo, os galegos poderán acudir a actividades organizadas noutros lugares de España e en países como Francia, Alemaña, Finlandia, Italia, Países Baixos, República Checa, Portugal, Xapón, México, Corea del Sur ou Taiwán. En total son 225 prazas, 89 noutras comunidades e 136 no estranxeiro.


 

También te puede interesar