Vigo al día

Pode que nunca chova ao sur de California, pero en Vigo é outra cousa

Ainda que este martes estamos tendo sorte e podemos ver o sol, a realidade, dacordo cos datos facilitados polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, Vigo rexistrou, de novo, na última semana as precipitacións máximas de toda España, con 148 litros por metro cadrado o cal, vendo o que choveu, non é nada novedoso.

Elo contribuiu a que os encoros estén moi preto da súa capacidade máxima, Así, a cunca Galicia Costa atopa ao 92,7% da súa capacidade con 634 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 14 máis que a semana pasada, mentres, a cunca Miño-Sil está ao 91,7% da súa capacidade, con 2.778 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 273 máis que hai sete días.

En todo o Estado, a reserva hidráulica atópase ao 81,7%, o que son 45.225 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento de 2.078 hm3, o 3,8% con respecto aos niveis da semana anterior.

 

También te puede interesar