Vigo al minuto

Os veciños de Teis pegan pancartas pedindo o cambio das tubaxes no barrio

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña de denuncia do mal estado das tubaxes  de abastecemento de auga do barrio, empapelaron distintas zonas do barrio con novas pancartas para esixir que o Concello de Vigo arránxeas.

Como mostra a foto que nos fixeron chegar, nos carteis figuran lemas como ‘ Pagamos o recibo, queremos o servizo’ ou ‘Cambios das tubaxes, xa’.

A través de comunicado de prensa, os veciños de Teis lembran que o pasado 23 de marzo “denunciabamos que o Goberno municipal,  utilizara ao persoal da empresa concesionario da  limpeza FCC, para retirar varias pancartas que colocaromos no barrio, denunciando o mal estado das tubaxes”.

Segundo a Asociación Veciñal de Teis, non é a primeira vez que este goberno utilice estes métodos reaccionarios, lembremos que durante o conflito polo mantemento da xestión do Centro Cívico de Teis, por parte desta asociación, en dúas ocasións en decembro de 2011, ordenou  a FCC retirar os carteis  en protesta pola actitude do Alcalde”.

Así mesmo, aseguran dende o colectivo veciñal que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pode estar tranquilo que esta asociación vai continuar coa campaña de denuncia do mal estado das tubaxes do abastecemento de auga e exixir  o cumprimento do acordo plenario do mes de xaneiro de 2013″.

Noticias relacionadas:

Os veciños de Teis denuncian dúas novas roturas das tubaxes de suministro de auga

Se abre un socavón de unos tres metros en el medio de la Travesía

A Asociación de Teis denuncia unha nova rotura, a quinta, do abestecemento  do barrio

También te puede interesar