Vigo al minuto

Esquerda Unida de Vigo ten xa máis de 7.000 sinaturas para pedir un referendo sobre o servizo de augas

Esquerda Unida (EU) de Vigo considera que el informe municipal, en relación coa tarificación do consumo de auga, presentado esta semana é un “fraude esperado” e que os acordos do pleno para tarificar soamente por consumo, “tomábanse co coñecemento dos tres grupos que sen tocar a concesión é imposible facelo”. EU lembra que “o que non paguemos os vigueses no recibo de Aqualia, ésta o cobra directamente do Concello en forma de indemnización como así o fai Vitrasa no bonobús e nas lanzadeiras”.

A formación liderada na cidade por Rubén Pérez, sigue recollendo sinaturas para pedir un referendo, fórmula presente no Regulamento de Participación Cidadá, para solicitar que esta ampliación de concesión, “que legalmente aínda non pasou por pleno”, sexa consultada directamente aos veciños.

Hai meses, que Esquerda Unida está informando á cidadanía de cómo “as presións que grandes corporacións como FCC” conseguiron, xa nos anos 90, que o goberno socialista de Felipe Gonzalez aceptara privatizar todos os servizos públicos municipais, “decisión ao que non foron alleos os gobernos locais” e, no caso de Vigo “foi a corporación presidida por Manuel Soto a que decidíu privatizar o servizo en 1990 dando lugar a SERAGUA, empresa privada que modificaba sustancialmente o xeito non só de xestionar o servizo senón de facturalo”. Foi nese intre, salienta EU, cando empezou a funcionar o “sistema de pago por bloques” que introducía o feito de que pagábase un primerio bloque de 30 metros cúbicos aínda que a maioría dos veciños e veciñas non chegaban a tal consumo.

“O negocio da auga privatizada foi vento en popa, FFC fíxose con gran parte dos servicios en grandes e medianos municipios e en 2001 creou un novo grupo chamado Aqualia que convertíuse nun auténtico lobby con poder ante concellos e partidos políticos representados”, denuncia EU.

De feito, reitera, o propio plego de concesión establecía unha serie de medidas que “deixaron ao concello sen capacidade negociadora ante Aqualia”, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra, “saldo agotado fai anos”, e a permitir unha “tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro”.

Esquerda Unida pon un exemplo real : unha familia que consuma 10m3 e unha que consuman 30m3 pagan case o mesmo, xa que a primeira paga 34,24 €/bimestre e a segunda 30m3 paga 38,42 €. “O truco está en establecer un primeiro bloque de 30m3”, sendo esa pequena diferencia ó “canon de saneamento”, xa que por “abastecemento”, “saneamento”e “cota fixa” páganse 32,15 € “aínda que non abras nin un grifo”. Por elo, este grupo califica de “irresponsabilidade” que o goberno municipal aprobase unha ampliación da concesión por 5 anos máis “xa que, advirte, “incapacita ao Concello para conquerir calqueira solución a este problema”.

 

También te puede interesar