Comarcas

O Requeixo e o Mel de As Neves, agardan por ti este venres santo

Este venres santo chega o día grande da Festa do Requeixo e do Mel de As Neves que celebra este 2013 a súa vixésimo segunda edicición. Coma salientou o alcalde nevense, Raúl Emilio Castro na presentación da mesma, “amosaremos a riqueza dos nosos recursos naturais e culturais, a beleza das nosas paisaxes, ademáis da hospitalidade do noso pobo”.

Os visitantes que se achegen este venres ao ‘Sol do Condado’, terán a oportunidade, ás 10 e media da mañá, de disfrutar dun pasaruas a cargo da banda de gaitas  Pontenova, de Salvaterra do Miño e da Charanga Trouserghas de As Neves.

Ao mediodía terá lugar a tradicional degustación do Requeixo con Mel e, a 1 do serán, o cociñeiro e presentador do programa da Televisión de Galicia, ‘Larpeiros’, Benigno Campos, pronunciará o pregón das festas.

Centos de personas acuden cada ano a esta festa, un dos referentes gastronómicos de Galicia

Pola tarde, ás 5, está prevista unha Festa Infantil coa actuación do grupo Jajá Zirkus e o inicio dos obradoiros de cerámica, música e reciclaxe. Ás 7, haberá outra degustación de Requeixo con viños de As Neves, hasta o peche da feira, prevista para as 8.

Unha semana de festas

Ainda que este venres é o día máis agardado, a Festa do Requeixo e do Mel arrancou o pasado xoves, cun concerto de alumnos da Escola de Música Municipal de As Neves. O venres, día 21, tivo lugar a degustación do “Ouro Doce da Natureza Galega”, dirixida por Beatriz Ríos, técnica do Consello Regulador da I.X.P. Mel de Galicia. O sábado pasado actuou no Auditorio Municipal a estrelo do fado María do Ceo, nunha ocasión única para os amantes da música portuguesa.

Conferencia sobre proxectos de desenrolo económico e laboral

O martes, desenrolouse un seminario sobre proxectos de emprego no entorno rural, no que se presentaron varios proxectos, como ‘Do Xurés á Mesa’, ‘Cultivo de maceiras ecolóxicas e ‘Elaboración de marmeladas con froitos do bosque: un proxecto de futuro para As Neves’ que, como sinalou o alcalde, son as primeiras consecuencias das grandes posibilidades de negocio e emprego que presentan a gandeiría e o agro no concello, “polas condicións climáticas e da terra”.

 

También te puede interesar