RGPD - Cookies
Vigo al día

A CIG pide a dimisión de Caballero pola anulación dos despedimentos no IMD

Traballadores do IMD protestando nun Pleno do Concello

A secretaria comarcal da Federación de Servizos de Vigo  reclamou este mércores a dimisión do alcalde e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, tras a sentenza que declara nulo o despedimento de 11 traballadores do Instituto Municipal de Deportes (IMD).

En rolda de prensa, Transi Fernández lembrou que en setembro do ano pasado, os empregados gañaron o seu primeiro xuízo cunha sentenza que recoñecía a cesión ilegal dos traballadores e, agora, o xulgado do Social 2 de Vigo considera que os despedimentos son nulos.

Segundo explicou, os traballadores reincorporaranse o día 2 en funcións de auxiliar de servizo, «tal e como figura no convenio do IMD», aínda que Fernández preguntouse «por qué non se adoptou esta decisión fai cinco meses, tras a sentenza de cesión ilegal, o que evitaría ter que aboarlles agora uns 200.000 € en atrasos, salarios de tramitación e diferenza entre o que cobraban na empresa e no IMD?».

Ademais, denunciou que os afectados serán, dende agora, «persoal laboral indefinido por non pasar un concurso de oposición», polo que reclama que se depuren as responsabilidades políticas correspondentes, polo cal a Federación de Servizos da CIG pedirá, a través do rexistro municipal, a dimisión de Abel Caballero e do concelleiro de Deportes.

 

También te puede interesar