RGPD - Cookies
Galicia

Non se construirán os dous edificios que quedaban da Cidade da Cultura

O PPdeG votou a favor, xunto con BNG e Alternativa Galega de Esquerda (AGE),dunha proposta que insta á Xunta de que se inicien os trámites para «proceder á paralización definitiva» dos dous edificios pendentes da Cidade da Cultura: o Centro de Arte Internacional e o Teatro da Música. A construcción dos mesmos xa estaba paralizada de xeito provisional ate 2014.

O PSdeG, abstívose na votación avogando por nunha emenda pola paralización «sine die» de ambos os dous edificios do complexo cultural e non porque esta fose definitiva.

A postura do PPdeG provocou sorpresa nalgúns membros do Parlamento de Galicia logo de que o popular Agustín Baamonde salientase no debate previo á votación a que a decisión se adoptaría «no horizonte de 2014». Con todo, aínda que nin o presidente Alberto Núñez Feijóo nin o seu Executivo descartara rotundamente a posibilidade de retomar a construción a partir desa data, o Plan Gaiás ratificaba a suspensión de ambos os dous centros.

 

También te puede interesar