Galicia

Afectados polas Preferentes poderían deixar o peche no Concello de Tui para que se celebren os actos de San Telmo

O alcalde de Tui con varios membros dos Afectados polas Preferentes

A Plataforma de Afectados pola compra de Preferentes do Baixo Miño negocia unha suspensión temporal do peche que manteñen no Concello de Tui, despois de que o alcalde lles pedise que desaloxasen o salón de plenos durante tres días.

Segundo o voceiro deste colectivo o alcalde, Moisés Rodríguez, pediulle á plataforma que accedesen a deixar o salón de plenos para os actos da festa de San Telmo. Xulio Vicente explicou que  este martes se celebrará unha asemblea para tomar unha decisión que, en todo caso, requerirá unha contrapartida por parte do alcalde, “queremos unha garantía de que se vai comprometer para que recuperemos os nosos aforros e, se non a conseguimos, que explique porqué”, sinalou Vicente.

Sexa como fose, o voceiro deixou craro que esto non afectará, para nada, aos actos de protesta que teñen convocados os afectados, entre eles a súa asistencia á sesión do Pleno de mañá en Ponteareas e o sábado ao de Mondariz.

 

También te puede interesar