Galicia

Xavier Vence non descarta cambiar as siglas do BNG

Xavier Vence con Francisco Jorequera y el alcalde de Pontevedra

É o que afirmou o recén elixido novo voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, quen quere recuperar a unidade do nacionalismo. Para iso o líder dos nacionalistas non descarta nin cambiar o nome da formación nin sumar outras siglas.

Así o declarou Vence nunha entrevista coa Cadena Ser na que comentou que existen moitas vías posibles que haberá que ir explorando e ver a vontade que teñen todas as partes”.

Trátase de construír un polo soberanista con amplos sectores sociais que podería concretarse cun intenso diálogo con forzas do independentismo..

Na súa proclamación como voceiro, Vence xa adiantara que vai dialogar con moitísimos sectores, xa que o BNG non está pechado a calquera fórmula unha vez que se comece ese proceso de diálogo.

También te puede interesar