RGPD - Cookies
Vigo al día

O Seis do Nadal-Coia organiza os torneos de Semana Santa 2013

Imaxe de arquivo do Seis do Nadal de Coia

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza a Sexta Edición do Torneo Internacional Cadete 2013 ’30 Anos co Deporte Base nesta tempada 2012/2013. Despois do gran éxito e acollida das cinco edicións anteriores, repetirase esta iniciativa os días 29, 30 e 31 de marzo do 2013, nesta tempada na que o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia celebra o seu trinta aniversario.

Nos últimos días das vacacións de Semana Santa, o 29, 30 e 31 de marzo do 2013, as instalacións do Pavillón Municipal de Balaídos, reunirán a un total de 18 equipos de categoría cadete con máis de 250 deportistas e 40 técnicos.

6º Torneo Internacional Cadete 2013 contará con tres categorías diferentes. O venres día 29 de marzo disputarase o torneo de categoría Cadete Masculina Serie B, o sábado 30 será o turno da categoría Cadete Feminina, e clausurará o torneo a categoría Cadete Masculina Seire A o domingo día 31 de marzo.

Nesta nova edición participarán os equipos do club anfitrión Seis do Nadal Coia (Vigo), os combinados galegos do COB (Ourense), Marín Peixegalego (Marín), Col. Salesianos (Vigo), Carmelitas Vedruna (Ourense), CB O Meco (O Grove), Porriño Baloncesto Base (O Porriño), Pío XII (Santiago Compostela), Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa), Ferrol CB (Ferrol), Arxil (Pontevedra), CB Baiona (Baiona); os equipos portugueses do FC Porto (Porto), Grupo Desportivo Básquet de Leça (Porto) e CPN Basquetebol (Porto); e o conxunto de Castela e León, o Maristas Club Baloncesto (Valladolid).

Os equipos masculinos do GDBL Leça e Marín Peixegalego así como o combinado feminino do Grupo Desportivo Gafanha, vencedores do Torneo de Semana Santa da tempada pasada, terán neste novo ano tres sucesores que defenderán o título de campións do 6º Torneo Internacional Cadete 2013.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza a Quinta Edición do Torneo Internacional Infantil «30 Anos co Deporte Base» nesta tempada 2012/2013 de xeito paralelo á celebración do 6º Torneo Internacional Cadete 2013.

A primeira das edicións deste torneo celebrouse na tempada 2005/06, e despois de rescatar o evento na pasada tempada 2009/2010, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará na presente tempada 2012/2013 a Quinta Edición do Torneo Internacional Infantil.

Os días 29, 30 e 31 de marzo do 2013 polas tardes, nas pistas olívicas do Polideportivo Municipal de Balaídos, e coincidindo coa celebración do 6º Torneo Internacional Cadete 2013, reuniranse a un total de 9 equipos de categoría infantil con máis de 120 deportistas25 técnicos.

Quinto Torneo Internacional Infantil 2013 contará con tres categorías diferentes. O venres 29 de marzo disputarase o torneo de categoría Infantil Masculina Serie Autoescuela Coya, o sábado día 30 será o turno da categoría Infantil Feminina Serie Decomar, pechando o evento a categoría Infantil Masculina Serie «Golosinas Meloso» o domingo día 31 de marzo.

Os combinados infantís que participarán no torneo serán os equipos do Seis do Nadal (Vigo), Compañía de María (Santiago de Compostela), Básket Base Club (Vilagarcía de Arousa), CB Airexa Nigrán (Nigrán), Eduardo Blanco Amor (Ourense), CB O Meco (O Grove) e o equipo luso do CPN Basquetebol (Porto).

Os combinados masculinos do Grupo Desportivo Gafanha e Carmelitas Ourense así como o conxunto feminino do Seis do Nadal Coia, vencedores do Torneo Infantil de Semana Santa da tempada pasada, terán nesta nova edición tres sucesores que defenderán o título de campións do 5º Torneo Internacional Infantil 2013.

 

 

También te puede interesar