Comarcas

Exposición sobre usos portuarios na nova estación marítima de Vilanova de Arousa

O novo edificio da estación marítima de Vilanova de Arousa acolle, a partir deste luns, unha mostra sobre os diferentes usos portuarios que se dan diariamente no porto. Baixo o nome de ‘Vilanova, modelo de convivencia portuaria’, a exposición recollerá imaxes e obxectos que testemuñan o uso diario das instalacións.

A estación marítima permanecerá aberta en horario diúrno durante esta Semana Santa, de forma que veciños e visitantes poderán contemplar a mostra ao longo dos próximos sete días de forma gratuíta, indicou a Portos de Galicia nunha nota de prensa.

A exposición reflectirá como o sector profesional, a náutica recreativa e o transporte de pasaxeiros conviven  na zona, que conta con instalacións renovadas. Entre as pezas que se poderán atopar na mostra, figura a maqueta do porto nos anos 90, diferentes paneis sobre a actividade náutica recreativa e documentación histórica relativa ao porto de Vilanova.

 

También te puede interesar