Galicia

Preto de millón e medio de desprazamentos polas estradas galegas pola Semana Santa

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 1.430.000 desprazamentos na rede viaria galega durante a operación especial de Semana Santa, que comezará este venres, 22 de marzo, e prolongarase ata o 1 de abril, o que supón o 11%o dos 13 millóns de movementos estimados en estradas de todo o Estado.

Na primeira fase da operación especial, que se desenvolverá entre as 3 da tarde deste venres e as 12 da noite do domingo 24, esperanse uns 331.000 movementos nas estradas de Galicia. Na segunda fase, dende as 3 da tarde  do mércores 27 de marzo ata as 12 da noite do luns 1 de abril, Tráfico estima uns 832.700 desprazamentos polas estradas galegas, especialmente na autoestrada AP-9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e as nacionais N-550 e N-634.

Ademais, a DGT apunta unha vintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, nove deles na provincia de A Coruña: AC-12 e AC-11 nos accesos á cidade herculina; AG-11 dende Ribeira a Padrón; N-550; N-651; AP-9; A-6, AC-552 na glorieta de A Grela e AC-173 nas rotondas de Santa Cristina, Santa Cruz e Bastiagueiro.

Na provincia de Pontevedra os puntos conflitivos prevense na A-55 –Vigo-Tui–, A-52 –límite da provincia Ourense-Porriño–, N-550 –Pontecesures-Tui– e N-640 –Vegadeo-Vilagarcía de Arousa–, mentres que en Lugo estarán na N-640, N-634 e LU-704; e na de Ourense na N-120, N-525 e OU-540.

 

También te puede interesar