Vigo al minuto

O naval vigués retoma as mobilizacións en defensa do sector

Un momento de la protesta frente al edificio administrativo de la Xunta, este jueves

Traballadores e delegados sindicais do sector naval da Ría de Vigo volveron a saír este xoves á rúa para denunciar a parálise do sector e a perda de case 11.000 postos de traballo directos dende 2008, o que representa o 80% do emprego dunha industria que chegou a ocupar a unhas 14.000 persoas. Dende as centrais CIG, CCOO e UGT anunciaron a posta en marcha dunha campaña de sensibilización social que incluirá distintas mobilizacións.

Máis dun cento de persoas participaron na asemblea convocada polos tres sindicatos maioritarios para analizar a problemática que atravesa unha industria que arrastra «dous anos de parálise total».

Na xuntanza decidiuse a posta en marcha dunha campaña de sensibilización social que incluirá reparto de folletos informativos entre a veciñanza e mobilizacións.

No caso do emprego indirecto as cifras son aínda moito máis demoledoras, xa que se calcula que se perderon arredor de 27.000 postos de traballo, o que constitúe o 50% da destrución de emprego na comarca viguesa.

Diante disto, as tres centrais coinciden na necesidade de retomar as mobilizacións, para o que é necesario facer previamente un traballo de reagrupamento do sector.

A campaña incluirá tamén o sinalamento dos culpábeis da grave crise que atravesa o naval: tanto as distintas administracións públicas como a patronal do sector, á que acusaron de pregarse aos intereses dos gobernos.

Neste senso, reclaman unha solución para a problemática de retroactividade do tax lease (que obrigaría ás empresas a devolver as axudas) e a garantir o financiamento dos proxectos mediante a recapitalización de Pymar ou creando un fondo de garantía galego.

Unha vez rematada a asemblea, os participantes desprazáronse até a delegación da Xunta na cidade, onde despregaron unha faixa en defensa do «futuro industrial de Vigo» e berraron consignas reclamando carga de traballo e a implicación do Goberno galego na crise do sector.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.