Vigo al minuto

A Xunta Local da Asociación contra o Cáncro, medalla da cidade 2013

En xunta de voceiros, os tres partidos políticos con representación no Concello acordaron este mércores a concesión da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos deste ano, galardonando coa máxima distinción á Xunta Local da Asociación Española contra o Cáncro. A gala de entrega terá lugar o próximo mércores, 27 de marzo, ás 20 horas.

Os galardoados este ano coma Vigueses Distinguidos son o poeta lucense, veciño da cidade, Carlos Oroza, o maxistrado Antonio Romero Lorenzo, o doutor Gumersindo Espiña Campos, o colexio Compañía de María, o profesor Antón Piñeiro Lorenzo, a Federación de Asociacións Veciñais (FAVEC) e a Sociedade Deportiva Atlántida de Matamá.

Sobre a concesión da Medalla, o alcalde explicou que “queremos facer presente o empeño do pleno desta cidade, dos 27 concelleiros e concelleiras encabezados en designar  á Xunta Local de Vigo da Asociación contra o Cáncro polo seu apoio permanente ás persoas afectadas por esta enfermidade, durante tantos anos e en todos os lugares”.

 

También te puede interesar