RGPD - Cookies
Galicia

O Congreso decide hoxe se o Goberno ten que emitir débeda pública para pagar aos estafados polas Preferentes

O Pleno do Congreso debatirá este martes unha proposición socialista na que se insta ao Goberno a emitir débeda pública para devolver os cartos  aos aforradores e investidores minoristas que se viron afectados por unha comercialización fraudulenta de participacións preferentes e débedas subordinadas, incluídos aqueles que xa cambiaron os seus títulos por outro tipo de produtos.

Así consta na moción derivada da interpretación que o deputado andaluz Antonio Hurtado formulou a pasada semana ao ministro de Economía, Luis de Guindos, despois de que este anunciase que a arbitraxe para os afectados de Bankia se iniciará nos próximos días, mesmo antes de constituír a comisión de seguimento pública que PP e PSOE acordaran.

A oposición sinala que  o Goberno ten intención de baleirar de contido a devandita comisión, limitando as súas funcións á supervisión das operacións e á remisión ao Congreso de informes sobre o proceso, cando o acordo prevía que este órgano determinase o perfil do estafado, para cribar aos potenciais beneficiarios da arbitraxe dos investidores que coñecían o risco destes produtos híbridos.

 

También te puede interesar