RGPD - Cookies
Galicia

A Policía de Nigrán detivo ao ex gobernador civil Jorge Parada, por «resistencia e desobediencia»

A Policía Local de Nigrán asegurou que detivo ao ex gobernador de Pontevedra, Jorge Parada, por «insultar os axentes e non se querer identificar» tras manter unha discusión relacionada coa imposición de multas varios coches mal estacionados. O arresto, segundo soubo esta redacción en fontes do concello, produciuse logo de que Parada se encarase cos policías que multaban a varios coches preto da piscina da Ramallosa, o venres pola tarde.

Ao parecer, o ex gobernador civil, logo de que os axentes lle dixeran que puxese unha reclamación diante dos responsables municipais, “pasou da protesta ao insulto” e, “ademáis”, cando lle pediron ques e idenfificase, negouse, polo cal “foi detido, por desobediencia e resistencia á autoridade», trasladado a dependencias da Policía Local, levado ao centro de saúde e, posteriormente ao ‘cuartelillo’ da Guardia Civil.

Por suposto, a versión de Partada é completamente distinta e indicou a varios medios que se dirixira con corrección e educadamente aos axentes e que recibiu amenazas e un trato vexatorio. Por elo, o ex gobernador iniciará acción legais contra os axentes ao entender que violaron os seus dereitos constitucionais.

 

También te puede interesar