Vigo al minuto

O Concello aproba axudas de 110.000 € a AFAN e 43.000 € ao Banco de Alimentos

A Xunta local de Goberno aprobou este venres a concesión, para o período 2013-1014, dun total de 110.000 € á Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN), e ao Banco de Alimentos, de 43.000 €, ademáis do importe do aluguer da nave na que traballa esta entidade.

O alcalde informou en rolda de prensa, que os Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, na súa función de acollida ás persoas sen fogar, reciben Concello 114.000 €, este ano e o vindeiro e que destiña a Érguete, asociación de axuda ao toxicómano, outros  45.000 €.

O Concello tamén acordou este venres contratar o servizo de xestión das ludotecas municipais da Casa da Xuventude e de Coia por 302.000 €, por un periódo de dous anos, prorrogables polo mesmo periodo. Abel Caballero explicou que son seis as persoas que traballan en ambos centros, que ofertan de xeito gratuito unhas 90 prazas para rapaces de entre 4 e 12 anos. O Concello dispón doutros dous centros destas características, en Lavadores e en Coruxo.

 

También te puede interesar