Galicia

AGE esixe a demisión do conselleiro de Educación, polo “repagamento” don comedores e a sentenza da segregación

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixiu este venres a dimisión do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, por gobernar “en fraude democrática”, ao establecer un “repagamento” nos comedores escolares cando “comprometeu” que non o faría. AGE considera que Vázquez tamén cometeu un “fraude de lei”, tras as sentenzas en contra de medidas adoptadas pola súa consellería en materia lingüística e de concertos educativos.

Os deputados Xabier Ron e Ramón Vázquez, en rolda de prensa, celebraron a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contraria ao destino de fondos públicos, que este ano superan os 3 millóns de euros dende a Xunta, para centros que segregan por razón de sexo, e, tras criticar a “política errática” da Consellería de Educación, instaron ao goberno galego a tomar as decisións no campo educativo “baseándose na razón e non por mandato xudicial”.

 

También te puede interesar