Galicia

“O Goberno español actuou co ‘Prestige’ como unha avestruz que mete a cabeza na area”

O perito holandés proposto pola propietaria do ‘Prestige’, Mare Shipping, e a defensa do capitán, Apostolos Mangouras, comparou a actuación das autoridades españolas na xestión desta catástrofe coa dunha “avestruz que mete a cabeza na area e espera que aconteza o menos malo posible”.

No xuízo polo sinistro do petroleiro, Klass Reigniger defendeu que a “solución era levar o barco a un porto refuxio”, en concreto á ría de Corcubión, e acusou de “incomprensible” a decisión de afastalo da costa, eso era “pedir a berros a creación de problemas maiores”.

Aínda que Reigniger, que ten unha experiencia de 43 anos en salvamento marítimo,  amosouse contrario a alonxar o buque da costa, engadiu que, “xa de facelo, polo menos, levalo rumbo sueste, e non noroeste”. Na súa declaración, o perito sí que admitiu que o buque estaba “ferido” o 13 de novembro de 2002, día do accidente e que era, precisamente por iso, polo que debeu de levarse a un porto de refuxio.

Ademáis delo, Reigniger criticou a decisión de poner en funcionamento a máquina do ‘Prestige’ o día 14, unha decisión que tomou o inspector marítimo Serafín Díaz Regueiro, a primeira persoa que mandaron as autoridades españolas ao buque. “Esta medida, sen realizar antes unha inspección, vai en contra dos principios básicos de salvamento…sen nunha inspección nunca se arranca unha máquina xa que pode ocasionar un dano estrutural grave”.

Sobre a decisión do capitán do ‘Prestige’ de corrixir a escora de 25 graos que tiña o barco co lastrado de tanques con auga, o perito salientou que, se chegar estar abordo él non o aconsellaría, ainda que engadiu que “cando hai unha escora é o capitán o que ten que elixir” e que, por elo, Mangouras “merece un aplauso” por ter o valor para asumir esta responsabilidade.

“Nos meus 43 anos de carreira nunca estiven nun barco cunha escora así e creo que si calquera das personas presentes no xuizo estivesen nesa situación faríanse augas menores nos pantalóns”, afirmación que sostuvo á vista das decisións tomadas polas autoridades durante a traxedia, “na miña vida profesional nunca vin unha xestión tan caótica coma a do ‘Prestige”, concluiu.

 

También te puede interesar