RGPD - Cookies
Comarcas

Últimos días para inscribirse nas escolas infantís de Mos

Escola Indantil de Cototorrón, na parroquia de Tameiga

O Concello de Mos informa hoxe que o prazo de presentación de solicitudes para o curso 2013/2014 nas dúas Escolas Infantís de Mos, a da Porteliña en Petelos e a de Cototorrón en Tameiga,  segue aberto. Tanto de reserva de praza coma de novo ingreso, o prazo rematará o vindeiro día 21 de marzo.

Para inscribir ós seus fillos de cara ó próximo curso escolar, os pais de nenos de entre 0 e 3 anos de idade poden dirixirse á calquera das dúas Escolas Infantís de Mos, tanto á da Porteliña coma a de Cototorrón, xa que a lista é conxunta, en horario de mañá de 09:00 horas a 12:00 horas e de tarde de 14:30 horas a 19:00 horas.

Escola Infantil de Porteliña, na parroquia de Petelos

 

E para obter máis información os interesados poden tamén chamar por teléfono a calquera dos dous centros, ben ó da Porteliña ó número 986 337 184 ou ben ó de Cototorrón ó número 986 190 998 ou senón poden ampliar información pinchando aquí.

Os requisitos necesarios para ser adxudicatario dunha praza nunha das Escolas Infantís mosenses son que o neno a inscribir estea nado no momento da presentación da solicitude, que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso e que non teña cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2013.

A relación definitiva de adxudicatarios de praza poderase consultar dende o día 27 de maio nas Escolas Infantís tanto da Porteliña como de Cototorrón, así como pinchando aquí.

Os solicitantes admitidos disporán dende o 28 de maio ó 12 de xuño para matricularse presentando no centro no que obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa documentación prevista.

También te puede interesar