Galicia

O 061 Galicia atendeu 3.000 chamadas ao día o ano pasado

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a través da súa Central de Coordinación, atendeu 1.064.153 de chamadas ao longo do pasado ano o que supuxo una media diaria de preto de 3.000 chamadas. Ademais Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no ano 2012, fixo un importante esforzo por impulsar a consulta médica apoiada polas novas tecnoloxías, coa posta en marcha, no segundo semestre do ano, do servizo multicanle do Sergas a través do número 902 077 333 e a consulta en liña a través da súa renovada páxina web. Así o destacou en rolda de prensa o director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial Bernárdez, acompañado polo director de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Antonio Iglesias Vázquez, que fixeron balance da actividade prestada á poboación galega ao longo do pasado ano.

A consulta médica telefónica, a través dos números de teléfono 061 e 902 077 333, é un dos servizos principais da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xa que supuxo, no ano 2012, o 40 % das chamadas recibidas. Ademais, os datos rexistrados sobre a actividade do 061, desde os seus inicios, amosan que máis do 50% das demandas de asistencia sanitaria non requiren activación e mobilización de recursos, resolvéndose mediante consulta médica e información sanitaria. Tamén destacar que o tempo de espera para a atención de chamadas por consulta diminuíu ao longo dos anos, pasando de 1:32 minutos no ano 2008 a 58 segundos no ano 2012.

Atendendo a esta tendencia, grazas ao avance das novas tecnoloxías e aproveitando as vantaxes que a rede ofrece, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 apostou, no mes de agosto do pasado ano, por un servizo de consulta en liña a través da súa páxina web, http://061.sergas.es/. Os datos rexistrados dende a posta en marcha destes servizos reflicten que a Central do 061 xestionou 70.989 chamadas por consulta sanitaria o segundo semestre do pasado ano 2012. No caso das consultas sanitarias en liña realizadas a través da sua renovada páxina web, os médicos e enfermeiros da Central de Coordinación que habitualmente resolven as consultas médicas a través do número 061, contestaron 241 consultas, o que supuxo una media de 40 consultas mensuais.

A páxina web do 061, posta en marcha o mes de maio do pasado ano, cun deseño máis dinámico baseado nunha modernización da imaxe e adaptada a realidade tecnolóxica actual, recibiu 21.892 visitas no ano 2012, o que supón 89,72 diarias.

Así, das asistenciais sanitarias xeradas polo máis do millon de chamadas atendidas pola Central de Coordinación no ano 2012, o 40% resolvéronse sen mobilización de recursos e o 60% precisaron da mobilización dalgún recurso (visita domiciliaria de médico ou enfermeiro de Atención Primaria, transporte urxente e/ou emerxencias). Os servizos  sanitarios atendidos polo 061 que se resolveron con mobilización dalgún recurso, o 53% atendéronse como emerxencias, o 36% como transporte urxente, o 10% como visita domiciliaria e un 1% como transporte secundario.

A mobilización de recursos referida ao pasado ano reflicte que en 614 ocasións foi mobilizado un helicóptero medicalizado, en 16.411 unha ambulancia medicalizada, en 230.423 unha ambulancia asistencial, en 10.095 unha ambulancia convencional, en 45.526 un equipo de Atención Primaria e, por último, nunha ocasión o helicóptero da Consellería do Medio Rural e do Mar.

No ano 2012, do total das asistencias realizadas polos recursos medicalizados, o 31,81% asistíronse no lugar e recibiron o alta no punto, o 55,56% rexistráronse como traslados ao hospital, o 12,40% como derivacións noutro recurso e o 0,23% como traslados a centros de saúde.

En canto as patoloxías máis comúns atendidas polos recursos medicalizados do 061 foron as alteracións da consciencia, que orixinaron 4.124 asistencias; os problemas respiratorios, que requiriron algún recurso sanitario en 1.796 casos; os accidentes de tráfico con 720 actuacións; a dor torácica na que en 2.733 ocasións acudiu unha ambulancia ao lugar do incidente, e as convulsións con 1.047 asistencias.

 

También te puede interesar