Comarcas

Afectados polas Preferentes regalan ao alcalde de Tui unha caixa “co pelo que nos está tomando”

A plataforma de Afectados polas Preferentes e subordinadas do Baixo Miño, entregoulle  un ‘agasallo’ por mor do seu aniversario ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez,  no salón de plenos do Concello.

Este presente non foi máis ca unha pequena caixa cunha tarxeta na que se podía ler: “Señor Alcalde, os afectados da plataforma do Baixo Miño, comprácense en felicitalo polo seu aniversario, e queren agasallalo con este pelo, que é unha pequena mostra do que vostede nos leva tomado ó longo de todo este tempo. Feliz  Cumpreanos!”

Esta acción é unha máis das medidas de protesta que emprendidas polos aforradores que, como a semana pasada, seguén acudindo ás xuntanzas de diferentes corporacións en toda a provincia. A de Tui é outra máis, que se xunta ás de As Neves, Mos, Porriño ou Nigrán,, onde os afectados esixiron aos rexidores, todos eles do Partido Popular, que abandonasen o partido e se pasasen ao grupo mixto para amosar que “están cos cidadáns e non con aqueles que queren rubarnos”.

 

También te puede interesar