Vigo al minuto

O comercio de alimentación de Pontevedra, en folga a finais de este mes

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT, presentes na mesa de negociación do convenio do comercio de alimentación, presentaron hoxe formalmente na Delegación da Xunta en Vigo a convocatoria de folga no sector na provincia de Pontevedra para os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo, coincidindo coa Semana Santa, ante os «intentos da patronal de precarizar as condicións de traballo».

As centrais denuncian que as grandes empresas negáronse a retirar as súas propostas na última xuntanza para renovar un acordo laboral que afecta a máis de 15.000 persoas “co obxectivo de que decaia e deste xeito ir ao Estatuto dos Traballadores, que é un 40% máis baixo”.

Os sindicatos salientaron que “a mobilización responde a un ataque directo os dereitos dos traballadores xa que, entre outras cousas, os cambios que pretende introducir a patronal no novo convenio pasan por eliminar a promoción interna e modificar as categorías profesionais; eliminar tamén as limitacións na contratación e un día de vacacións”.

Ao mesmo tempo, inicaron os representantes sindicais, propoñen instaurar a xornada de luns a domingo, cambiar as horas extra por tempo de descanso e que os catro días de asuntos propios pasen a ser recuperábeis. Finalmente, “pretenden cambiar as compensacións por mobilidade xeográfica e eliminar complementos como nocturnidade ou antigüidade”.

Segundo os tres sindicatos, estas medidas supoñen unha importante perda de poder adquisitivo, xa que a proposta da patronal pasa ademais por non incrementar os salarios.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.