RGPD - Cookies
Galicia

A Mesa pola Normalización denuncia un novo caso de discriminación ao galego no Sergas

A Mesa pola Normalización Lingüistica ven de denunciar un novo caso de discriminación no Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Segundo indica a Mesa, un doente que tiña que cubrir uns impresos para someterse a un preoperatorio no Hospital Domínguez, pediu uns papeis en galego cando viu que so os entregaban en castelán. Ao arvertirlle de que só os tiñan neste idioma, informou aos empregados do hospital que hai un acordó entre a Secretaria Xeral de Política Lingüistica e o Sergas para traducir os documentos.

Aínda así, na clínica indicáronlle que se non os asinaba nese momento, non podería facerse as probas e tería que marcharse e agardar na súa casa a que lle remitisen  a documentación en galego. Segundo explican dende a Mesa pola Normalización, o enfermo cubriu unha folla de reclamacións e saiu do hospital tendo que retrasar o seu tratamento.

 

También te puede interesar