Comarcas

250 escolares prantan árbores en Mos

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), do CEIP Mestre Martínez Alonso, de Castro-Mos, organizou hoxe unha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores no recinto exterior do propio colexio e en terreos do monte da parroquia de Mos.

Os alumnos e alumnas do Mestre Martínez Alonso prantaron un total de 60 árbores, doadas pola Comunidade de Montes de Mos e de tres especies diferentes: oliveiras, cerdeiras e castiñeiros.

Segundo explicaron dende a directiva da ANPA, levan organizando esta iniciativa dende fai xa varios anos. Trátase dun día de convivencia durante o que os escolares de maior idade saen ó monte a realizar a prantación, mentres que os máis pequenos fan o propio na parcela ó aire libre da que dispón o centro educativo.

A media mañá, pequenos e maiores disfrutan dunha merenda a base de foita coa que os obsequian dende a ANPA.

Con esta actividade, declaran dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos de Castro-Mos, “preténdese fomentar a práctica de hábitos saudables entre os cativos, así coma a concienciación medioambiental”. E é que, anos atrás, este acto solía celebrarse con motivo do Día Internacional do Medioambiente, pero como cadraba nunha mala época para a prantación, dende a organización decidiron adiantar a data.

Nesta actividade participaron tódolos alumnos e alumnas do colexio de Castro-Mos, preto de 250. Os rapaces de cuarto, quinto e sexto cursos de Educación Primaria foron os que saíron ó monte e prantaron máis de 50 árbores, mentres que os nenos de tres, catro e cinco anos de idade, xunto cos de primeiro, segundo e terceiro cursos de Primaria realizaron a prantación de 7 árbores no exterior do centro educativo.

También te puede interesar