Vigo al minuto

O Naval de Vigo perdeu preto de 11.000 empregos en menos de cinco anos

O sector naval de Vigo pasou de ter 13.500 empregos directos en 2008 aos 2.700 da actualidade, o que supuxo unha perda de 10.800 traballadores, un 80% das plantillas,  perda que chagaría ata os 27.000 empregos se se teñen en conta os postos de traballo indirectos.

Esos son os datos que presentaron este venres en rolda de prensa os representantes de CIG, CC.OO., e UGT, quenes acusaron á Xunta e ao Goberno central de “crear expectativas sobre futuras contratacións sen que se pechase nada de nada”.

O responsable do metal de CC.OO sinalou que Metalships ten carga de traballo ata mediados de 2014, con 250 postos de traballo, que poden aumentar ata os 500. No caso de Vulcano, hai 40 operarios rematando a estrutura dun barco en Sevilla, pero o traballo durará catro meses; en Armón, pódese manter un equipo de 500 empregados ata mediados de 2015; e en Cardama, 150 traballadores teñen faena ata finais deste ano. Barreras segue sen actividade, á espera de que se consigan os avais para construír un dos floteles de Pemex, e o estaleiro Freire ten carga para catro meses.

O voceiro da CIG, en relación cos contratos de PEMEX, sinalou que “foi a Xunta a que dixo que se ían construír os floteles”, pero a operación ainda non estaba pechada, polo cal esixiu ao goberno galego que se mova e que “ busque os avais e o financiamento para que esto sexa unha realidade”. As centrais salientaron que, se o problema está na consecución de avais, “pode asinarse o contrato con Pemex a través dunha empresa de titularidad pública, e que o flotel se constrúa igualmente en Barreras”.

O secretario do Metal de UGT adiantou que os tres sindicatos iniciarán unha campaña de información entre os propios traballadores, e na sociedade en xeral, e que “se tomarán medidas de presión para salvar o naval”.

 

También te puede interesar