Comarcas

350.000€ para mellorar os marxes no arroio Aboal no Concello de Mondariz

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a sinatura dun convenio coa  Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e o Concello de Mondariz para a posta en marcha de actuacións medioambientais de acondicionamento das marxes no arroio Aboal.

O investimento será de 350.000€ dos cales a Confederación Hidrográfica do Miño Sil aportará 280.000 € (80%) e a Deputación de Pontevedra aportará en total 90.449,24€. O prazo de execución será de 12 meses.

A Confederación Hidrográfica encargarase de licitar, adxudicar e xestionar os contratos da obra e o Concello de Mondariz deberá poñer a disposición os terreos necesarios para acometer os traballos.

O arroio de Aboal é afluente do río Tea. Conta na actualidade cun sendeiro descontinuo de marxe que se atopa nun estado moi deteriorado, impedindo o acceso a dicho couce en condicións adecuadas.

As actuacións para mellorar a accesibilidade consistirán na execución dun sendeiro fluvial mediante un camiño de xabre confinado, así como a execución das pasarelas peatonais necesarias para a súa continuidade.

Tamén se proxectará unha ponte de conexión entre ambos marxes á altura da poboación de Aboal e augas arriba da unión cun arroio innominado, a fin de que sirva como acceso rodado ó final do sendeiro a construír.

También te puede interesar