Vigo al minuto

Dez concertos na sétima edición do Festival de Habaneras de Vigo

El alcalde y el presidente de la Asociación de Corais Polifónicas de Vigo durante la presentación de hoy

O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), Enrique Lorenzo, presentaron este martes unha nova edición do Festival de Habaneras.

Serán dez as citas previstas, incluindo as tres datas de maio do Festival das Letras Galegas, coa participación de todas as corais de ACOPOVI.

A sétima edición do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo comeza o próximo domingo, 3 de marzo, no auditorio do IFEVI, coa actuación de cinco corais.

O Festival -que inclúe a actuación de 36 corais e unha afluencia de público estimada en 17.000 persoas– componse de tres concertos en marzo -os domingos 3, 10 e 17- e outras catro xornadas de abril -7, 14, 21 e 28-, todos ás 18 horas.

No marco da programación, os días 17, 18 e 19 de maio terá lugar o chamado Festival das Letras Galegas, desde as 19:00 horas, coa participación de todas as corais pertencentes a ACOPOVI.

O Concello de Vigo pon á disposición do público interesado en acudir ao recinto feiral un servizo de autobuses lanzadeiras desde o centro de VigoCon saída ás 17:00 horas e retorno aproximado ás 20:30 horas, o percorrido parte da Praza da América, con parada na Avenida de Madrid -á altura do Concheiro- ata o IFEVI.

También te puede interesar